sábado, 13 de novembro de 2021

Coñece máis os nosos xogos!

O Consello da Cultura Galega e o Observatorio do Patrimonio Lúdico presentaron en sociedade a páxina web e a aplicación móbil chamadas Xogos tradicionais, pensadas para que as propostas de lecer pasen do mundo dixital ás rúas galegas.

Cliqueade na imaxe e divertiros en familia!




martes, 9 de novembro de 2021

XORNADA DE XOGOS POPULARES


 O alumnado de 6º de primaria vai desfrutar dunha preciosa xornada de xogos populares o vindeiro 11 de novembro...Xa sabedes "polo San Martiño..."


Aqui tedes toda a información precisa.

Información XOGOS POPULARES



domingo, 31 de outubro de 2021

luns, 25 de outubro de 2021

O DEPORTE volve ao colexio!!!

 Pois si...!   Xa era hora!! 

Volvemos a facer deporte fóra do colexio e noutros espazos. 

Imos pouquiño a pouco,  e con todas as medidas de seguridade aplicando o protocolo covid19... pero xa estamos en marcha!

O vindeiro Venres 29 de Outubro imos ao CEP Pedro Caselles a facer campo a través o alumnado

 de 2º e 4º de primaria.

Máis tarde iniciaremos e compartiremos outras actividades, deíxovos aquí os planos da carreira e as indicacións covid 19 de entrada e saída.



Seguiremos informando das actividades deportivas que vaiamos facendo




domingo, 20 de xuño de 2021

Turonia a vista de paxaro!!

 


DESFRUTADE!!!



TURONIA 20/21

 

O Turonia é unha forma de vivir  e de ver a labor  educativa...e nin o covid19 fixo que este ano non desfrutaramos dun Turonia moi especial co alumnado de 5º e 6º do cole e cunhas compis que van levar o seu bo facer a otros nenos e nenas noutros centros educativos...

Grazas compis pola vosa labor diaria chea de vocación pola educación.

Sempre con vos Maria e Cris!!!